El Diario de Mondoñedo foi un periódico editado en Mondoñedo en 1894.
Historia e características
Periódico católico. Apareceu a principios de xaneiro de 1894.[1] Dirixido por Emilio Tapia Rivas. Enfrontado con El Baluarte de Galicia, empregou a estratexia de contratar aos seus caixistas e profesionais ata que conseguiu derribalo. Deixou de publicarse en outubro de 1894 e foi substituído por El Día de Mondoñedo.[2]
Notas
- ↑ El Correo Gallego, 5-1-1894, p. 3.
- ↑ El Correo de España, 25-11-1894, p. 12.
Véxase tamén
Bibliografía
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. p. 163. ISBN 84-8192-110-6.