Efervesciencia é un programa de ciencia da Radio Galega nado en 2006.[1] Efervesciencia está producido pola Universidade de Santiago de Compostela e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT).
Presentado por Manuel Vicente, en 2017 celebrou os seus primeiros 10 anos en antena.[2]
Premios
Efervesciencia recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia (segundo premio na edición de 2008, e o primeiro en 2009), e o Prisma da Casa das Ciencias de divulgación científica en 2013[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas