Efecto apotropaico

Gárgola apotropaica con forma de gaiteiro.
Mosteiro de San Juan de los Reyes, Toledo.

Efecto apotropaico é un termo antropolóxico para describir un fenómeno cultural que se expresa como mecanismo de defensa máxico ou sobrenatural evidenciado en determinados actos, rituais, obxectos ou frases formularias, consistente en afastar o mal ou protexerse del, dos malos espíritos ou unha acción máxica maligna en particular, purificándose (catarse) con este rito ou obxecto ritual.

O termo deriva do verbo grego αποτρέπειν (apotrépein ‘afastarse’), e relaciónase fundamentalmente coa necesidade psicolóxica de achar certa seguridade ante o incerto e descoñecido, o que comunmente se relaciona co perigoso e posiblemente daniño. É común que na orde lingüística e idiomática isto se reflicta facendo xogos de palabras, circunloquios, perífrases ou eufemismos a fin de evitar certas palabras, especialmente as consideradas tabú.

Orixe

O instinto de conservación orixina algúns actos instintivos que non teñen explicación racional aparente, por exemplo matar un insecto ou unha araña ou evitar determinadas situacións. Na orixe dos actos apotropaicos atópanse rastros deses impulsos instintivos.

Antigo Exipto

Banda apotropaica de marfil.
Ronsel máxico. Horus (Harpócrates) sobre os crocodilos.

Os rituais máxicos apotropaicos practicábanse en todo o antigo Oriente Próximo e o Antigo Exipto. As deidades temíbeis foron invocadas mediante rituais para protexer as persoas dos espíritos malignos. No Antigo Exipto, estes rituais realizados no fogar (non en templos estatais) estaban encarnados pola deidade que personificaba a maxia, Heka.[1] As dúas deidades invocadas con máis frecuencia nestes rituais eran a deusa hipopótamo da fertilidade, Taueret, e o demo león, Bes, que se desenvolveu a partir do deus demo anano apotropaico, Aha, que literalmente significa "loitador".[2]

A miúdo usábanse obxectos nestes rituais para facilitar a comunicación cos deuses. Un dos obxectos máxicos máis comunmente atopados, a banda apotropaica de marfil, gañou ampla popularidade no Reino Medio (ao redor de 1550-1069 a. C.).[3] Estas bandas foron utilizadas para protexer as mulleres embarazadas e os nenos das forzas malévolas, e foron adornadas con debuxos de deidades solares apotropaicas. Do mesmo xeito, usábanse comunmente amuletos protectores coa imaxe de deuses e deusas como Taueret. Tamén se usaba con frecuencia a auga nos rituais, onde se usaban os vasos de libación (unha forma antiga do moderno brinde) en forma de Taueret para verter auga curativa sobre un individuo. En períodos moito máis tardíos (cando Exipto caeu baixo os Ptolomeos gregos), a estela co deus Horus usouse en rituais similares; verteríase auga sobre a estela e, despois de ritualmente adquirir poderes curativos, recollíase nun recipiente para que a persoa aflixida puidese bebela.

Xestos, fórmulas, fetiches e rituais

Determinados xestos son considerados apotropaicos pola antropoloxía cultural: facer a figa (o xesto do dedo polgar ou medio entre os demais da palma) para rexeitar o mal de ollo, tocar madeira, cruzar os dedos, dicir "Xesús!" para rexeitar o mal presaxio dun espirro (aínda cando esta exclamación se utiliza comunmente como fórmula de cortesía cando alguén espirra), evitar determinados animais ou números, etcétera. Os romanos cortaban as mans aos suicidas como acto apotropaico para se defenderen do mal espírito. Igualmente, os denominados conxuros e ensalmos, ou fórmulas como as que se pronuncian nos brindes ou nas queimadas. Así mesmo, certos obxectos e fetiches adoitan ser considerados protectores, amuletos ou talismáns, como a cruz de Caravaca, as medallas de San Bieito, de San Cristovo (para as viaxes) e do arcanxo San Miguel, o ollo apotropaico, o nazar, o trevo de catro follas, a pata de coello, a man de Fátima, etcétera.

Nas tumbas gregas do século VI a. C. abundan esculturas de criaturas defensoras como as sereas e as esfinxes. Expresións eufemísticas como a que daban os gregos ás terribles deidades vingadoras denominadas Erinias ("Euménides", isto é, "Benfeitoras") teñen esta orixe, así como outras cristianizadoras como na "Santa Compaña".

Símbolos e arquitectura

A cabeza de Medusa inscrita no peito das coirazas da antigüidade grega e, por imitación, nas da romana; algúns símbolos da arquitectura, como a cruz mesma (que tamén se adoitaba inscribir ao principio de todo escrito na antigüidade polo mesmo motivo propiciatorio), a flor de lis, a cabeza sen corpo e os anxos cumpren unha función protectora. Así mesmo, as gárgolas terían o efecto apotropaico de defenderen a pureza da auga e das fontes, e os leóns dos monumentos e as tumbas son defensores do personaxe alí conmemorado ou enterrado. Determinadas plantas como o loureiro, e algunhas árbores á entrada dos templos e as casas, posuían, á parte da función de dar sombra, a protectora, así como as ferraduras cravadas nos limiares dunha vivenda. Os falos desenterrados pola arqueoloxía posúen igualmente dita función.

Historia

Desde antigo moitos autores reprobaron con criterios racionais estes actos, considerándoos un prexuízo cognitivo ou superstición, como o doutor Gaspar Navarro no seu Tribunal de superstición ladina, explorador del saber, astucia y poder del demonio: en que se condena lo que suele correr por bueno en hechizos, agueros, ensalmos, vanos saludadores, maleficios, conjuros, arte notoria, caualista, y paulina y semejantes acciones vulgares (Huesca: Pedro Blusón, 1631) e durante a Ilustración foi un lugar común rexeitar e criticar estas prácticas irracionais, contra as cales, por exemplo, escribiu o pai Benito Xerónimo Feijoo varios ensaios.

Notas

  1. Robert Ritner (1988). The Mechanics of Ancient Egyptian Magical Practice. Chicago: The Oriental Institute of Chicago, 14-28.
  2. James F. Romano (1978), The Origin of Aha (also called Bes). New York: College Art Association, 1978.
  3. Hartwig Atlenmüller (1965). Die Apotopaia und Die Götter Mittelägyptens. Munich: Ludwig-Maximilians University.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GARCÍA SIERRA, Pelayo, "Núcleo de la magia. Cuerpo de la religión. Cuerpo de la ciencia" (en castelán)
  • CIRLOT, Juan Eduardo. Diccionario de Símbolos, Barcelona, 1997. (en castelán)

Read other articles:

Ramón Torrijos y Gómez Obispo de San Cristóbal de La Laguna 8 de diciembre de 1888-10 de septiembre de 1894Predecesor Jacinto María Cervera y CerveraSucesor Nicolás Rey y Redondo Obispo de Badajoz 21 de mayo de 1894-16 de enero de 1903Predecesor Francisco Sáenz de Urturi CrespoSucesor José Hevia CampomanesInformación religiosaInformación personalNacimiento 1 de septiembre de 1841Cardenete, CuencaFallecimiento 16 de enero de 1903 Badajoz, Badajoz[editar datos en Wikidata] Ra...

 

Cet article est une ébauche concernant la musique soul et funk. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Blue-eyed soulDétailsOrigines stylistiques Soul, rhythm and bluesOrigines culturelles Début des années 1960Popularité Fin des années 1960Milieu des années 2000modifier - modifier le code - modifier Wikidata La blue-eyed soul (« soul aux yeux bleus ») ou white soul (« soul blanch...

 

13-та ракетна Оренбурзька Червонопрапорна дивізія (військова частина 68545) — з'єднання в складі 31-ї ракетної армії Ракетних військ стратегічного призначення, розташована в місті Ясний, ЗАТО Комаровський Оренбурзької області. Дислокація дивізії вибрана спеціально для ро

若非特別註明,本條目所有時間皆為東八區標準時間(UTC+8)。 2022年惠州地震日期2022年03月14日02时28分(UTC+8)震级Mw4.1震源深度25公里震中 中华人民共和国广东省惠州市 22°31′N 115°02′E / 22.51°N 115.04°E / 22.51; 115.04影響地區 中华人民共和国广东省、 香港、 澳門最大烈度4(IV)度傷亡0 2022年惠州地震是指北京时间2022年3月14日所發生的一次里氏地

 

ملخص لمسار الدورة الحرارية الملحية. تمثل الممرات الزرقاء تيارات المياه العميقة، في حين أن الممرات الحمراء تمثل التيارات السطحية يعتبر توقف أو تباطؤ الدوران الحراري الملحي من آثار الاحتباس الحراري. وهناك بعض التكهنات أن الاحتباس الحراري يمكن، عن طريق توقف أو تباطؤ الدوران

 

Đối với các định nghĩa khác, xem Phường 8. Phường 8 Phường Bảo tàng văn hóa dân tộc Khmer tỉnh Trà VinhHành chínhQuốc gia Việt NamVùngĐồng bằng sông Cửu LongTỉnhTrà VinhThành phốTrà VinhTrụ sở UBNDKhóm 1Thành lập2002[1]Địa lýTọa độ: 9°54′53″B 106°18′41″Đ / 9,91472°B 106,31139°Đ / 9.91472; 106.31139 Phường 8 Vị trí Phường 8 trên bản đồ Việt Nam Diện tích3,11 k...

Dutch actor (1962–2012) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Jeroen Willems – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2013) (Learn how and when to remove this template message) Jeroen WillemsWillems in 2012Born(1962-11-15)15 November 1962Maastricht, NetherlandsDied3 December 2012(2012...

 

Природний ландшафт італійських виноградників: Ланге-Роеро та МонферратVineyard Landscape of Piedmont: Langhe-Roero and Monferrato [1] Світова спадщина Природний ландшафт італійських виноградників: Ланге-Роеро та Монферрат 44°39′07″ пн. ш. 7°59′39″ сх. д. / 44.651944444471773465° пн.&#...

 

Pementasan teater di Gedung Kesenian Rumentang Siang Kota Bandung. Teater (Inggris: theater atau theatre; Prancis théâtre; bahasa Yunani theatron (θέατρον) adalah salah satu seni bermain peran (drama) yang menyajikan cerita kehidupan nyata di atas pentas. Jalan cerita yang disajikan biasanya mengandung pesan moral yang tersirat dan bisa dijadikan pelajaran kehidupan oleh para penonton.[1] Teater adalah cabang kesenian yang lahir pada masa Yunani klasik. Pada masa itu, sekitar...

Government of Haryana Department of Excise & Taxation, HaryanaAgency overviewFormed1966JurisdictionGovernment of HaryanaHeadquartersHaryana Civil Secretariat, Sector-1, Chandigarh30°45′40″N 76°48′2″E / 30.76111°N 76.80056°E / 30.76111; 76.80056Agency executiveCaptain Abhimanyu Singh Sindhu, Cabinet MinisterWebsitehttps://haryanatax.gov.in/HEX/appmanager/HexPortal/HaryanaExcise?JSESSIONID=0fkGbYzLvPGQS1Gtn4hlH3g5dMGK70LcXrjJPt6F9BtymnNlMQC5!1168247579 De...

 

العلاقات البنمية الغامبية بنما غامبيا   بنما   غامبيا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات البنمية الغامبية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين بنما وغامبيا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: وجه المقارنة بنما غامبيا ا...

 

Skema geografi Perserikatan Bangsa-Bangsa untuk Amerika   Amerika Utara   Amerika Tengah   Karibia   Amerika Selatan Berikut adalah daftar subwilayah di skema geografi Perserikatan Bangsa-Bangsa untuk Amerika.[1] Di skema ini, benua Amerika Utara dibagi menjadi subwilayah Amerika bagian utara, Karibia, dan Amerika Tengah. Amerika Latin dan Karibia Artikel utama: Amerika Latin dan Karibia Karibia Anguilla Antigua dan Barbuda Aruba Bahama Barbados...

2008 anthology by Big Finish The topic of this article may not meet Wikipedia's notability guideline for books. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notability cannot be shown, the article is likely to be merged, redirected, or deleted.Find sources: The Vampire Curse – news · newspapers · books · sc...

 

SuvoborHighest pointElevation866 m (2,841 ft)[1]ListingMountains in SerbiaCoordinates44°07′16″N 20°10′55″E / 44.1211080556°N 20.1818525°E / 44.1211080556; 20.1818525GeographySuvoborSerbia LocationWestern SerbiaParent rangeDinaric Alps Suvobor[2] (Serbian Cyrillic: Сувобор) is a mountain in central Serbia, near the town of Gornji Milanovac. Its highest peak Suvobor has an elevation of 866 m (2,841 ft) above sea...

 

2015 Turkish television season Season of television series Diriliş: ErtuğrulSeason 2Official posterStarringEngin Altan DüzyatanEsra BilgiçKaan TaşanerUğur GüneşBarış Bağcı /> Ahmad HarhashCountry of originTurkeyNo. of episodes35 (103 on Netflix, 104 on PTV)ReleaseOriginal networkTRT 1Original release30 September 2015 (2015-09-30) –8 June 2016 (2016-06-08)Season chronology← PreviousSeason 1Next →Season 3List of episodes The second season (2015–20...

Village in Lublin Voivodeship, PolandZagrody ŁukówieckieVillageZagrody ŁukówieckieCoordinates: 51°34′42″N 22°29′33″E / 51.57833°N 22.49250°E / 51.57833; 22.49250Country PolandVoivodeshipLublinCountyLubartówGminaFirlej Zagrody Łukówieckie [zaˈɡrɔdɨ wukuˈvjɛt͡skʲɛ] is a village in the administrative district of Gmina Firlej, within Lubartów County, Lublin Voivodeship, in eastern Poland.[1] References ^ Central Statistical Of...

 

Steve Cook Informasi pribadiNama lengkap Steve Anthony Cook[1]Tanggal lahir 19 April 1991 (umur 32)[2]Tempat lahir Hastings, InggrisTinggi 6 ft 1 in (1,85 m)[2]Posisi bermain BekInformasi klubKlub saat ini Nottingham ForestNomor 3Karier junior2007–2008 Brighton & Hove AlbionKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2008–2012 Brighton & Hove Albion 3 (0)2009 → Havant & Waterlooville (pinjaman) 5 (0)2009–2010 → Eastleigh (pinjaman) 10 ...

 

Place in Vakinankaratra, MadagascarAndriantsivalanaCountry MadagascarRegionVakinankaratraDistrictAmbatolampyPopulation (2018)[1] • Total24,247Time zoneUTC3 (EAT) Andriantsivalana is a rural commune in Madagascar. It belongs to the district of Ambatolampy, which is a part of Vakinankaratra region. The population of the commune was 24,247 in 2018. Primary and junior level secondary education are available in town. The majority 96% of the population of the commune a...

Season of television series Season of television series South ParkSeason 17Home media release coverCountry of originUnited StatesNo. of episodes10ReleaseOriginal networkComedy CentralOriginal releaseSeptember 25 (2013-09-25) –December 11, 2013 (2013-12-11)Season chronology← PreviousSeason 16Next →Season 18List of episodes The seventeenth season of the animated television series South Park was announced on May 10, 2013, that premiered on Comedy Central on Septemb...

 

カステリョン=コスタ・アサアール空港Aeropuerto de Castellón-Costa Azahar 空港の敷地内に設置されたおぞましいデザインのモニュメント[1] IATA: CDT - ICAO: LEDS概要国・地域 スペイン所在地 バレンシア州カステリョン県ビラノバ・ダルコレア(スペイン語版)とベンリョック(スペイン語版)母都市 カステリョン・デ・ラ・プラナ種類 民間用運営者 Aerocas標高 350 m座標 北...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!