Educación infantil

Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

Educación Infantil é o primeiro nivel educativo no sistema español. Precede á educación primaria (tamén coñecida coma educación básica) e non ten carácter obrigatorio. Actualmente o Real Decreto 1630/06 do 29 de decembro (a partir da LOE) regula as súas ensinanzas mínimas en todo o Estado. Xurdiu na década de 1990, cando as novas reformas da LOXSE estableceron a necesidade de ampliar a educación formal á poboación de ata seis anos de idade. Para isto sustentouse nas teorías psicodegágoxicas do construtivismo e de autores coma Jean Piaget, Lev Vygotski e a Liña de Desenvolvemento Curricular ou na pedagoxía progresista coñecida como a Escola Nova.

O seu obxectivo principal é "Contribuír ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos" (LOE Art. 12.2) e parte dunha serie de principios elementais:

  • O enfoque globalizador.
  • O xogo como motor do desenvolvemento humano.
  • O principio de actividade.
  • Os espazos e tempos dentro do escenario educativo.
  • Promover aprendizaxes significativas no alumnado e partindo das ideas que xa posúen.
  • A importancia da atención á diversidade e a coordinación coas familias.

Fundamentación

A Educación Infantil considera o neno coma un ser con características especiais, propias, nun estadio particular de desenvolvemento (ou seguindo a Piaget dous estadios: o sensoriomotor primeiro e o preoperacional despois), e que han de coñecerse. Así póñeno en valor coma un ser unitario biolóxica, psíquica e socialmente diferente e irrepetible, que está en veloz e continuo desenvolvemento, que dentro deste desenvolvemento constrúe de maneira activa e que é sexuado. Todo isto contrasta coas consideracións tradicionais que se facían do neno pequeno.

Para explicar este desenvolvemento infantil apóaise en dúas teorías construtivistas: as teorías xenético-cognitivas de Piaget e as xenético-dialécticas de Vygotski. É dicir, o neno constrúe e desenvólvese grazas a:

  • A actividade ou as actividades autoestruturantes (segundo Piaget), mediante as que incide nas súas propias estruturas internas ou esquemas de acción.
  • A interacción co medio sociocultural de maneira activa. É o que Vygotski denomina paso do nivel intersicolóxico ó intrasicolóxico.

Estas teorías psicopedagóxicas que sustentan os postulados da Educación Infantil tamén resaltan a importancia de:

Estrutura

De carácter gratuíto pero non obrigatoria, está formada por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un, que se denominan:

  • Primeiro ciclo (0-3 anos), que aínda non é ofertado polo MEC.
  • Segundo ciclo (3-6 anos), ofertado de maneira gratuíta polo MEC e as diferentes Comunidades Autónomas españolas.

O enfoque globalizador polo que opta implica que non se estruture por disciplinas ou materias senón polos denominados "Ámbitos de experiencia", que son, á súa vez, tres:

  • Identidade e autonomía persoal.
  • Medio físico e social.
  • Linguaxes: Comunicación e representación.

Obxectivos

O Real Decreto 1630/06/06 establece coma o seu obxectivo principal o “Acadar un desenvolvemento integral e harmónico da persoa nos distintos planos: físico, motórico, emocional, afectivo, social e cognitivo e procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o dito desenvolvemento.”

Esta caracterización dos obxectivos convértenos en guía e medio orientador para acadar as aprendizaxes do alumnado: os obxectivos non son pechados, definitivos ou observables, senón as intencións pedagóxicas e as capacidades que se espera que o alumnado desenvolva ó final desta etapa. Por isto son abertos e flexibles e, por tanto, concretables a calquera realidade e contexto educativo, desde o Estado ó mesmo aula ou alumno.

Renovación

A súa fundamentación psicopedagóxica ofrece unha nova visión do neno e das súas potencialidades educativas. Para isto, a reforma modificou considerablemente a educación coa introdución no currículo de aspectos coma o traballo por recunchos e por talleres ou a selección de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais.

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!