A Editorial Novos Vieiros S.L. é unha empresa editorialgalega, con sede na Coruña fundada no ano 2000[1]. A súa directora editorial é María do Rosario Larrosa San Luis.[2]
Características
Publica fundamentalmente libros en galego nunha liña editorial centrada na enciclopedia Gran Enciclopedia Galega pero tamén en narrativa, ensaio e poesía.[2] Ten tres coleccións principais, ademais da Gran Enciclopedia Galega, que son: Xeitos, adicada á poesía e narrativa, Documentos centrada nos ensaios, e Galegos adicada a biografías de galegos senlleiros.[2]