A economía de Turquía ten sido impulsionada nos últimos anos por un sector de servizos e unha industria modernos, pero a agricultura aínda responde por un 30% dos empregos[1]. O país ten un sector privado forte e en rápido desenvolvemento, aínda así o estado ten forte participación na industria básica, nos bancos, no transporte e nas telecomunicacións[1].
Sectores
A economía do país é cada vez máis dependente da industria nas grandes cidades, sobre todo concentrada sobre todo nas provincias occidentais do país, e menos da agricultura. O principal sector industrial é o téxtil e de vestiario, o cal responde por 1/3 dos empregos industriais, a pesar da concorrencia internacional e da eliminación dos sistemas de cotas[1]. Con todo, outros sectores, como o automobilístico e o electrónico, están crecendo en importancia no conxunto de exportacións turcas.
A agricultura tradicional no entanto aínda é un dos principais piares da economía turca. En 2007, o sector agrícola foi responsábel por 9% do PIB, mentres o sector industrial representaba o 31% e o sector de servizos o 59%. No entanto, a agricultura aínda respondía por un 27% do emprego.[3] Segundo datos do Eurostat, o PIB-PPS per capita turco era do 45% da media da UE en 2008.[4]
O sector do turismo ten probado un crecemento rápido nos últimos 20 anos, e constitúe unha parte importante da economía. En 2008 rexistráronse 31 millóns de visitantes no país, o que contribuíu con 22 mil millóns de dólares nos ingresos de Turquía.[5]