Economía de Croacia

Economía de Croacia
Moeda euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea
Datos estatísticos[1]
PIB 79,69 mil millóns (2012)
Posición do PIB 82ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -2% (2012)
PIB per cápita 18 100 (2012)
PIB por sector agricultura 5%, industria 25,8% servizos 69,2% (2012)
Inflación 3,4% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.702.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 2,1%, industria 29%, servizos 69%
Desemprego 19,1% (2012)
Industrias produtos químicos e plásticos, máquinas e ferramentas, produtos de metal, electrónicos, ferro e aceiro, aluminio, papel, produtos de madeira, materiais de construción, téxtilei, barcos, petróleo refinado, alimentos e bebidas, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 12,42 mil millóns (2012)
Produtos de exportación equipamentos de transporte, máquinas, téxtiles, produtos químicos, alimentos, combustibles
Principais mercados Italia 14,9%, Bosnia e Hercegovina 13,2%, Alemaña 10,2%, Eslovenia 8,8%, Austria 6,8% (2012)
Importacións 20,24 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, combustibles e lubrificantes, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 65,23 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Centro de Zagreb.

Unha das máis ricas repúblicas da antiga Iugoslavia, Croacia sufriu seriamente os efectos da guerra civil entre 1991 e 1995. A produción caeu e a economía perdeu as primeiras levas de investimentos que foron dirixidas aos países do Este Europeo logo da caída do Muro de Berlín[1]. A renda per cápita croata no 2004 representaba tan só o 41,6% da renda media da UE (8.960€), as consecuencias desfavorables da guerra dos Balcáns e os reasentamentos étnicos da poboación frearon o desenvolvemento económico.

Entre o 2000 e o 2007 a economía tiven un continuo crecemento anual, entre o 4% e o 6%, sobre todo debido ao crecemento do turismo e da oferta de crédito directo ao consumo.[1] A cidade de Dubrovnik volve estar nos principais destinos dos operadores de turismo internacionais. Entre o 2000 e o 2007, a inflación quedou baixa e a moeda, kuna, quedou estable.[1]

Actualmente, é unha economía que se atopa moi preto do desenvolvemento segundo o Foro Económico Mundial. Xunto á da República de Eslovenia, eran e seguen sendo as nacións máis industrializadas e avanzadas da ex-Iugoslavia. Os principais socios comerciais de Croacia son Italia e Alemaña, cos cales realiza intercambios comerciais que suman máis dun 20% do seu PIB[3].

O país é hoxe un candidato oficial para acceder á Unión Europea, xunto coa República da Macedonia e Turquía. Os seus indicadores macroeeconómicos son mellores que países que xa accederan á UE en 2004. O acceso de Eslovenia á UE e a súa incorporación ó sistema monetario do Euro, son novas esperanzadoras para a segunda economía máis estable da ex-Iugoslavia. De tódolos xeitos, o comisario encargado da ampliación Olli Rehn, dixo que ningún novo país se incorporaría á Unión tras Romanía e Bulgaria ata o 2010. As maiores trabas son a política agraria e o libre movemento de persoas e capitais, consecuencias do pasado comunista croata.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Economía Croacia - Croacia información". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2010. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!