Ecolocación

Proceso de ecolocación nun golfiño: os sons xerados polo golfiño en verde; os sons que delatan a posición do peixe en vermello.

A ecolocación,[1] ou ecolocalización,[1] ás veces denominada impropiamente biosonar,[2] é un método de percepción sensorial que teñen algúns animais de coñeceren o seu contorno e que consiste na emisión de sons e a recepción e interpretación do eco que os obxectos ao seu arredor producen.[1]

O termo foi creado en 1938 por Donald Griffin, que foi o primeiro en demostrar concluentemente a existencia da ecolocación nos morcegos.[3]

Etimoloxía

O termo ecolocación está fomado polo elemento de composición de palabras (pfrefixo) eco-, derivado do latín echo, e este do grego antigo ἠχώ ēchṓ, "eco", e da palabra latina locatĭo, -ōnis, "disposición".[4][5]

Pola súa parte, ecolocalización formouse con eco- e localización.

A ecolocación nalgúns animais

Algúns animais emiten sons na súa contorna e interpretan os ecos que xeran os obxectos ao seu ao redor. A ecolocación posúena varios mamíferos: morcegos (aínda que non toda a orde dos quirópteros a emprega), e cetáceos, como os golfiños e o cachalote.

Hai dúas clases de aves que utilizan este sistema para navegar en covas sen visibilidade, o Steatornis caripensis e os membros da familia dos apódidos, en especial as salanganas do xénero Aerodramus, da tribo dos colocaliinos.

Recentemente comprobouse que os humanos tamén posúen esta capacidade, aínda que moito menos desenvolvida.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 VV.AA. (2010): Dicionario de Bioloxía - galego, castelán, inglés. Centro Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4973-1. PDF.
  2. Ver biosonar no Galizionario.
  3. Balmori, A. (1998). "O estudo dos quirópteros a través das súas emisións ultrasónicas" (PDF). Galemys: Boletín SECEM 10 (1): 12–19. ISSN 1137-8700. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2010. Consultado o 19 de marzo de 2010. 
  4. echolocation no Online Etymolology Dictionary. Consultado o 10 de outubro de 2019.
  5. echolocation en Dictionary.com. Consultado o 10 de outubro de 2019.
  6. "O ser humano pode orientarse como os morcegos e os cetáceos". O Mundo. 29 de xuño de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Reynolds, J. E. III & Rommel, S. A. (1999): Biology of Marine Mammals. Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8375-2.
  • Au, Whitlow W. L. (1993): The Sonar of Dolphins. Nova York: Springer-Verlag. ISBN 978-1-4612-4356-4.
  • Pack, Adam A. & Herman, Louis M. (1995): "Sensory integration in the bottlenosed dolphin: Immediate recognition of complex shapes across the senses of echolocation and vision", J. Acoustical Society of America 98 (2): 722-733.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!