Ecce Homo é unha locución latina de uso contemporáneo en varias linguas que significa literalmente "Velaquí o home", simboliza o Cristo coa coroa de espiñas na Paixón de Cristo. No uso contemporáneo representa un home maltratado e con feridas.
A expresión atópase, en tradución do hebreo, na Vulgata, sendo o equivalente da frase gregaιδου ο ανθρωπος (Idou ho Anthrōpos) do Evanxeo de Xoán. Esta locución acadou un simbolismo importante na cultura occidental coa representación do Cristo sufrindo.
O Ecce Homo nas artes
En arte occidental chámase Ecce Homo a representación do Cristo sufrindo coa coroa de espiñas, sexa na escena evanxélica con Poncio Pilatos ou non.
Ecce Homo, título
Con referencia ao sufrimento do Cristo alúdese o simbolismo que leva o tema ao longo da arte occidental dándolle título Ecce Homo a obras ou manifestacións artísticas.