Día de adestramento (en inglés: Training Day) é un filme de 2001 dirixido por Antoine Fuqua. Os actores principais son Denzel Washington e Ethan Hawke. Toda o filme ten lugar na cidade dos Ánxeles durante un período de 24 horas que cambiará a vida de ambos policías. A historia foi escrita por David Ayer. Fuqua quería que a película parecera o máis auténtica posible, así que elixiu varias localizacións nalgúns dos barrios máis problemáticos dos Ánxeles, como pode ser Imperial Courts. Ademais contou co asesoramento técnico de dous policías, Michael Patterson e Paul Lozada.
Denzel Washington gañou o Oscar ao mellor actor no 2002 por este filme. Ethan Hawke foi candidato ao premio na categoría de mellor actor secundario.
Estreouse en galego na TVG o 18 de maio de 2011.[2]
Sinopse
Alonzo Harris, un policía dos Ánxeles moi condecorado pero corrupto, ten como novo compañeiro a Jake Hoyt, un novo axente que desexa chegar a inspector a través da unidade de axentes de estupefacientes. Ás ordes de Alonzo vivirá un auténtico adestramento de vinte e catro horas polas rúas dos Ánxeles.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas