O Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é un día mundial de celebración e acción declarado pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) para conmemorar a importante contribución da ciencia á paz e ao desenvolvemento.
Tamén pretende recoñecer as contribucións da UNESCO á ciencia, incluíndo a “Declaración sobre a ciencia e o uso do coñecemento científico”[1] e a “Axenda científica — Marco para a Acción" (Science Agenda — Framework for Action),[2] ambas adoptadas na Conferencia Mundial sobre a Ciencia de 1999 (actualmente World Science Forum) en Budapest, Hungría.
Tras esta conferencia, a UNESCO proclamou o Día Mundial da Ciencia en 2001. Desde entón, celébrase anualmente o 10 de novembro. Os Premios da Ciencia da UNESCO preséntanse como parte do Día Mundial da Ciencia.
Outros días dedicados á ciencia
Días internacionais das Nacións Unidas
Outros días dedicados á paz
Días internacionais da ONU
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas