Introdúcese o búfalo doméstico en Europa, traído da India, mais só se aclimatou nos pantanos de Italia (data aproximada), onde até hoxe sería utilizado como forza de traballo e produción de leite.
Ao tempo, Cosroes II, apodérase de gran parte de Arabia, incorporando o reino dos lakhmidas aos que toma a capital, Al-Hirah. O monarca lakhmida, An-Numan III, perde a vida.
Os francos emprenden unha nova expedición contra os saxóns.
Ciencia e tecnoloxía
Remátase a ponte de Zhaozhou, tamén dita ponte Anji, a máis antiga das pontes en pé da China. Construída con arcos segmentarios en pedra, sobre o río Xiao, na provincia de Hebei (Hopei), debe a súa traza a Li Chun.