Dánae recibindo a choiva de ouro é un cadro pintado no século XVI por Tiziano, e agora exposto no Museo do Prado.
Descrición
Trátase dunha versión tardía, de cara a 1565, dun tema repetidamente tratado por Tiziano e o seu taller. Até data recente sobreentendíase que este cadro foi o que Filipe II encargou como parella doutro igualmente conservado no Prado: Venus e Adonis. Novas investigacións desvelaron que esta Dánae non pertenceu a Filipe II senón que foi adquirida por Velázquez en Italia cara ó ano 1630. A Dánae de Filipe II é outra que saíu da colección real española ó ser subtraída por Xosé Bonaparte. Agora consérvase en Londres (Apsley House, colección privada dos duques de Wellington).
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 160-161
- Monreal, L., Grandes Museos, vol. 1, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (colección completa)