Durand Christopher Scott, nado o 22 de febreiro de 1990 en Nova York, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Ashdod BC israelí.
Traxectoria profesional
Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2013, Scott xogou a Liga de Verán da NBA cos San Antonio Spurs.[1] En agosto de 2013, Scott asinou unha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.[2] Na súa única tempada en Santiago, Scott acadou 4.6 puntos e 1.2 rebotes en 12.3 minutos de xogo por encontro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas