Duffy

Modelo:BiografíaDuffy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Amie Ann Duffy Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Bangor, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz de cinema, compositora, compositora de cancións, cantautora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, Soul, Rhythm and blues e Blues Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoA&M Records
Polydor Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webiamduffy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2921190 Allocine: 757719 Rottentomatoes: celebrity/duffy Allmovie: p606708 Metacritic: person/duffy
Facebook: Duffy Instagram: duffy MySpace: 17061629 Souncloud: duffy-official Spotify: 37NqXwtb6nIEqRt4EJSoIO iTunes: 272521020 Last fm: Duffy Musicbrainz: 2c4dae8c-e591-49e0-9c5a-62b310a15788 Songkick: 321361 Discogs: 79081 Allmusic: mn0000992857 Genius: Duffy Editar o valor en Wikidata


Aimee Anne Duffy, nada en Gwynedd o 23 de xuño de 1984, é unha cantante e compositora galesa, máis coñecida coma Duffy. O seu estilo de música inspírase no neo soul.

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Gales. Con dez anos e trala separación dos seus pais, mudouse coa súa nai e as súas irmás a Pembrokeshire, ao sur do país. Aos quince anos, trasladouse a Nefyn, onde comezou a cantar en bandas locais.

A súa voz tan característica débese a un golpe no nariz que unha das súas irmás lle deu cando era cativa.

No ano 2003 deu o grande salto ao público local cando se presentou a Wawffactor, versión galesa alternativa de Pop Idol emitida na canle S4C, onde quedou en segundo lugar. Posteriormente, marchou a Inglaterra e continuou os seus estudos en varios colexios maiores. Durante a súa estancia na Universidade de Chester comezou a cantar nun club local de jazz e blues. Alí gravou tres EPs e colaborou con outros grupos coma Mint Royale, desenvolvendo a súa carreira musical e comezando a traballar con outros artistas ingleses un ano despois.

En 2007 asinou un contrato coa discográfica A&M Records coa que gravou varios temas do que sería posteriormente o seu disco, Rockferry. O traballo tivo boa aceptación entre a crítica e Duffy realizou unha serie de actuacións en varios programas da segunda canle de televisión da BBC, sendo descrita coma unha das promesas emerxentes de 2008. O 3 de marzo dese mesmo ano editou o seu primeiro disco Rockferry no mercado británico e europeo baixo o selo discográfico Polydor. O seu primeiro single, Mercy, converteuse en número un de descargas semanas antes do lanzamento, chegando a ser un grande éxito a nivel europeo. En cinco semanas, o álbum vendeu máis dun millón de copias en toda Europa.

En 2008, editou Rockferry: Deluxe Edition, con sete temas novos. O primeiro single desta versión foi Rain on your Parade. Asemade, editou varios EP, un deles, Aimee Duffy, foi número un nas listas de vendas de Gales e está interpretado en galés.

Na gala dos premios Brit Awards de 2009 acadou os premios de Mellor álbum, Mellor artista feminina e Mellor artista revelación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!