Santa María de Dozón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dozón. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 214 habitantes (107 mulleres e 107 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 369 habitantes.
Historia
Santa María de Dozón integrou en 1890 a antiga parroquia de San Pedro do Mosteiro que foi suprimida no plan de arranxo da diocese lucense.
Patrimonio histórico
Nesta parroquia, no lugar do Mosteiro, está situada a Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón.
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Pedro de Vilanova.
-
Igrexa de Santa María de Dozón.
-
Portada da igrexa de Dozón.
-
Baldaquino na igrexa de Santa María de Dozón.
-
Baldaquino na igrexa de Santa María de Dozón.
-
Igrexa de Santa María de Dozón.
-
Capela da Pena de Francia.
Lugares e parroquias
Lugares de Dozón
Parroquias de Dozón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos