Douglas Gerald Hurley, nado en Endicott, Nova York, o 21 de outubro de 1966, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-135 e STS-127.[1][2]
Traxectoria
Hurley graduouse en enxeñería civil pola Universidade de Tulane, en Luisiana, en 1988.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en xullo de 2000, participando nas misións STS-135 e STS-127 e pasando un total de 28,47 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Hurley, Douglas Gerald" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2018). "Douglas G. Hurley(Colonel, U.S. Marine Corps, Ret.) NASA Astronaut" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos