Doubt (-ダウト-, Dauto?), tamén coñecido como Rabbit Doubt (ラビット·ダウト, Rabitto Dauto?), é un manga shōnen de terror escrito e ilustrado por Yoshiki Tonogai. A serie céntrase no xogo de móbil "Rabbit Doubt", cunha regras semellantes ás de Mafia. Os xogadores deben atopar o lobo, ou asasino, entre o grupo de coellos. Seis xogadores deste xogo atópanse atrapados nun edificio cun do grupo xa morto; para evitar o mesmo destino, os restantes cinco deben participar nun xogo "Rabbit Doubt" real e atopar o lobo (mentireiro) que se agocha entre eles.
O manga foi serializado na revista Monthly Shōnen Gangan de Square Enix o 12 de xullo de 2007 e rematou o 12 de febreiro de 2009. Square Enix tamén estreou o primeiro volume o 22 de decembro de 2007 e lanzou o cuarto e derradeiro volume o 12 de febreiro de 2009. A serie continuou en dúas secuelas, tituladas Judge, dende o 12 de xaneiro de 2010 até o 11 de agosto de 2012, e Secret, dende o 12 de outubro de 2013 até o 12 de febreiro de 2015.