«Dors, mon amour» (en galego: «Durme, o meu amor») é unha canción composta por Pierre Delanoë e interpretada en francés por André Claveau.[1] Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Pathé.[2] Foi elixida para representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional francesa, e declarouse gañadora do certame.[3][4]
A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958 co título «Dors mon amour», sendo interpretada polo cantante francés André Claveau.[4] A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.[5]
↑"Franck Pourcel". And the conductor is...(en inglés). Search, by year, 1958, Franck Pourcel. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2019.