Donostialdea é unha comarca do nordés de Guipúscoa , en Euskadi . Engloba os concellos situados nos arredores da capital provincial, Donostia , que tamén é a capital da comarca.
Ocupa a parte baixa das concas dos ríos Urumea , Oiartzun e Oria , aínda que non a desembocadura deste último. Limita polo norte co mar Cantábrico , polo oeste con Urola Kosta , polo leste coa Bidasoaldea , polo sur con Tolosaldea e polo sueste con Navarra , concretamente coa comarca de Leitzaldea .
Ás veces a súa zona oriental é considerada unha subcomarca chamada Oiartzualdea , formada polos concellos de Errenteria , Lezo , Oiartzun e Pasaia .
Concellos
Cidade
Extensión (km²)
Poboación 2014 (hab.)
Densidade (hab./km²)
Andoain
27,17
14.655
539,38
Astigarraga
11,89
5.535
465,51
Donostia
60,89
186.126
3056,76
Errenteria
32,26
39.230
1216,06
Hernani
39,82
19.601
492,24
Lasarte-Oria
6,01
18.082
3008,65
Lezo
8,59
6.007
699,30
Oiartzun
59,71
9.970
166,97
Pasaia
11,34
15.929
1404,67
Urnieta
22,4
6.198
276,70
Usurbil
25,64
6.168
240,56
305,72
327.501
1071,24
Véxase tamén