Dong Fang Hong 4 (bus)

O bus Dong Fang Hong 4 (abreviadamente DFH-4) é un tipo de bus para satélites fabricado en China.[1][2]

Características

O bus DFH-4 está pensado para satélites de comunicacións de alta capacidade na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos. Desenvolvéronse dúas versións do bus: DFH-4E, unha versión de máis capacidade, e DFH-4S, específica para cargas máis modestas. O bus foi desenvolvido pola Chinese Aerospace Corporation (CASC) con colaboración europea. O bus pódese equipar cunha variedade de transpondedores en banda C, Ku e L, con sistemas multifeixe. O sistema de propulsión do bus é bipropelente.[1][2]

Especificacións técnicas[1][2]

DFH-4

  • Dimensións: 2,360 m x 2,100 m x 3,600 m
  • Carga útil: 600 kg
  • Potencia eléctrica: 10.500 W
  • Consumo máximo da carga útil: 8000 W
  • Tempo de vida: 15 anos

DFH-4E

  • Masa: 2700 kg
  • Carga útil: 800-1000 kg
  • Potencia eléctrica: 13.500 W
  • Consumo máximo da carga útil: 10.000 W
  • Tempo de vida: 15 anos

DFH-4S

  • Masa: 1590 kg
  • Carga útil: 450 kg
  • Potencia eléctrica: 7800 W
  • Consumo máximo da carga útil: 4000 W

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "DFH-4" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DFH-4 Bus" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!