Domantas Sabonis, nado o 3 de maio de 1996 en Portland, Oregón, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). É o fillo de Arvydas Sabonis, membro do Basketball Hall of Fame.
Traxectoria profesional
Sabonis foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic.[1] Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Ersan İlyasova e Victor Oladipo, a cambio de Serge Ibaka.[2]
O 6 de xullo de 2017, Sabonis foi traspasado xunto a Victor Oladipo ós Indiana Pacers, a cambio de Paul George.[3]
O 8 de febreiro de 2022, Sabonis foi traspasado xunto a Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[4] O día seguinte, Sabonis debutou cos Kings na vitoria por 132–119 sobre os Minnesota Timberwolves, facendo 22 puntos, 14 rebotes e 5 asistencias.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|