Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Dire Dawa (en amhárico: ድሬ ዳዋ, en oromo: Dirre Dhawaa, lit. "Lugar de remedio",[1] en somalí: Diridhaba, en árabe: ديري داوا[2]) é unha das dúas cidades de Etiopía que gozan dun status especial (astedader akabibi), sendo a outra a capital, Adís Abeba. Segundo estimacións de 2008, Dire Dawa tiña unha poboación de 440 000 habitantes, o que a converte na segunda maior cidade de Etiopía.
A cidade é un centro industrial, dispón de varios mercados e un aeroporto internacional. Dire Dawa atópase no leste do país, a beiras do río Dechatu e ós pés dun anel de desfiladeiros.
En outubro de 2016 inaugurouse o ferrocarril Adís Abeba-Djibuti que ten parada en Dire Dawa. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti no golfo de Adén, achegando acceso ferroviario ó mar a Etiopía. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ó antigo ferrocarril de vía métrica, que foi abandonado en 2006 e que foi construído polos franceses entre 1894 e 1917.
Notas
↑Kefale, Asnake. "Ethnic Federalism and Conflict Management in Ethiopia: The Case of Dire Dawa" in Luc Sindjoun (ed.)'s The Coming African Hour: Dialectics of Opportunities and Constraints, p. 209. Africa Institute of South Africa (Pretoria), 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
↑academies, prepared by a number of leading orientalists ; edited by an editorial committee consisting of H.A.R. Gibb ... [et al.] ; under patronage of the international union of (2009). Encyclopaedia of islam (Nova ed.). Leiden: E.J. Brill. ISBN9789004161214.