A dinastía Grimaldi é unha casa nobre orixinaria de Italia, foi fundada por Francisco Grimaldi, que tomou en 1099 o señorío de Mónaco xunto aos seus soldados vestidos de franciscanos. Naquel principado reinaron os seus sucesores até a actualidade, se exceptuamos varias descontinuidades. A última produciuse co matrimonio da princesa Carlota de Mónaco, nai de Rainiero III, con Pierre de Polignac. Os seus integrantes máis destacados na actualidade son:
É obxecto de polémica a orixe de Alexandre Coste e de Xasmín Grace Rotolo, fillos ilexítimos de Alberte II de Mónaco con senllas amantes, recoñecidos recentemente. No caso de que Alberte de Mónaco morra sen descendencia lexítima, os fillos de Carolina de Mónaco pasarían a ocupar os primeiros postos da liña sucesoria.