Dimocarpus longan, chamado vulgarmente longán[1] (chinés tradicional: 龍眼, chinés simplificado: 龙眼, cantonéslong-ngan; literalmente "ollo de dragón"; thai ลำไย) é unha árbore tropical perenne, nativa do sur da China. Atópase tamén en Indonesia e o sueste de Asia. Tamén é chamada guiyuan (桂圆) en chinés, lengkeng en Indonesia, mata kucing en Malaisia, e quả nhãn no Vietnam. O termo "ollo de dragón" vén pola semellanza da súa froita ao globo ocular (cando se pela o froito ten un miolo transparente, e a semente semella a meniña e mailo iris).
Descrición
É unha árbore de tamaño mediano de folla perenne que pode medrar até os 6 a 7 metros de altura. Non deixa de ser sensíbel ás xeadas . Prefiren un solo areento. Aínda que a especie prefire as temperaturas que normalmente non estean por baixo de 4,5 °C (40 °F), pode soportar breve tempo temperatura baixas de ao redor de -2 °C (28 °F).
Usos
A froita (que realmente é un falso froito, composto por unha cobertura carnosa chamada arilo) é comestíbel, e a miúdo usada en sopas, almorzos e outras aplicacións no leste de Asia.
O longán e o lichi madurecen na mesma época do ano. Úsase na cociña e como menciña chinesa.
Propiedades
No Medicina tradicional chinesa é usada para o corazón e bazo. Insomnio, palpitacións, perda de memoria e mareos. Non se debe usar se hai exceso de flegma ou humidade.
Taxonomía
Dimocarpus longan foi descrita por João de Loureiro e publicado en Flora Cochinchinensis 1: 233–234, no ano 1790.[2]
↑O nome Longán, aínda que coincide co nome específico científico e coa maioría das linguas irmás ao galego, non está aínda recoñecido pola RAG, polo que o poñemos en cursiva.