Christofias foi o secretario-xeral do AKEL, un partido marxista-leninista.[1] Venceu nas eleccións presidenciais no 2008 na segunda rolda de votacións. Durante toda a campaña electoral, prometeu reiniciar conversacións cos chipriotas turcos, co fin de encontrar unha solución para o conflito chipriota e a reunificación da illa. Tamén apoiou o peche das bases militares británicas en Chipre.[1] É o primeiro presidente comunista do Chipre.