Diario dun rebelde (en inglés: The Basketball Diaries) é un filme estadounidense dirixido por Scott Kalvert que se estreou en 1995. Baséase na novela The Basketball Diaries de Jim Carroll.
Estreouse en galego na TVG no outono de 1998.[1]
Sinopse
Crónica autobiográfica dun grupo de adolescentes, entre os que se atopa o escritor Jim Carroll, ós que as súas troulas están a piques de levalos polos escuros camiños da desesperación, xa que as súas accións fóra da clase ameazan con destruílos. Inhalando produtos de limpeza, ríndose con fotografías pornográficas, participando en pequenos furtos, os cinco amigos aínda non saben onde están os seus límites e iso cambiará as súas vidas para sempre.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas