Dialecto de Kansai

Mapa da área onde se fala o dialecto de Kansai.

O dialecto de Kansai (en xaponés: 関西弁 Kansai-ben; tamén coñecido como Kansai hōgen (関西方言?)) é un grupo de dialectos xaponeses falados na rexión de Kansai, no Xapón. En xaponés, Kansai-ben é o nome común e só é chamado dialecto Kinki (近畿方言 Kinki hōgen?) en contextos técnicos. Os dialectos de Kyoto e Osaca, especialmente no período Edo, tamén son chamados dialecto Kamigata (上方言葉 Kamigata kotoba?, ou Kamigata-go (上方語?)). O dialecto de Kansai está tipificado pola fala de Osaca, a meirande cidade de Kansai, polo cal tamén é chamado Osaka-ben. Caracterízase por ser unha fala máis melódica e máis forte que a dos falantes da lingua estándar.[1] O dialecto de Osaca, en particular, asóciase co humor, e por iso moitos comediantes usan frases no dialecto de Osaca para dar senso de humor á ocasión.

Notas

  1. Omusubi: Japan's Regional Diversity Arquivado 14 de decembro de 2006 en Wayback Machine., consultado o 23 de xaneiro de 2007

Véxase tamén

Bibliografía

  • Takahashi, Hiroshi e Kyoko (1995). How to speak Osaka Dialect. Kobe: Taiseido Shobo Co. Ltd. ISBN 978-4-88463-076-8
  • Minoru Umegaki (Ed.) (1962). 近畿方言の総合的研究 (Kinki hōgen no sōgōteki kenkyū). Toquio: Sanseido.
  • Isamu Maeda (1965). 上方語源辞典 (Kamigata gogen jiten). Toquio: Tokyodo Publishing.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!