O territorio do Salvador está repartido en 14 entidades subnacionais de primeira orde denominadas departamentos. Os departamentos son rexidos por un gobernador departamental, nomeado polo Presidente.
Historia
No Artigo 6 da primeira Constitución do Estado do Salvador (denominado Estado del Salvador), decretado pola primeira Asemblea Constituínte do Estado, o 12 de xuño de 1824, dividiuse o territorio do Estado en 4 departamentos: San Salvador, Sonsonate, San Vicente e San Miguel. A Constitución atribuíu o fixamento dos límites departamentais ao Congreso do Estado, estableceu un Consello representativo composto dun representante por cada departamento elixido polos seus respectivos pobos e estableceu o cargo de Xefe Político Intendente nomeado polo Xefe do Estado e a cuxo cargo estaba o goberno político e de facenda do departamento.[1]
O 4 de setembro de 1832, emitiuse o Regramento de Xefes Políticos, Municipalidades e Alcaldes. Este regramento estableceu límites e xurisdicións para os Departamentos e regrou o cargo de Gobernador departamental.
A Constitución emitida o 18 de febreiro de 1841 estableceu o cargo de Gobernador, nomeado polo Poder Executivo. A Constitución tamén estableceu dúas Cámaras Lexislativas, unha de Senadores e outra de Deputados, cada Departamento de 30000 habitantes elixiría un Senador propietario e un suplente para a súa representación.[2]
Os departamentos do Salvador subdivídense en municipios. Ten un total de 266 municipios. As súas últimas eleccións celebráronse o 28 de febreiro de 2021.