Delta III

Delta III / Delta 8930
FunciónLanzador espacial de capacidade media
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura35,0 m[1]
diámetro2,44 m[1]
masa301.450 kg[1]
Etapas2[1]
Carga LEO
masa8292 kg[1]
Carga GTO
masa3810 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaDelta[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado en 2000[1]
Total de lanzamentos3
exitosos1
fallos2
Voo inaugural27 de agosto de 1998[1]
Último voo23 de agosto de 2000[1]
Acelerarores – GEM 46[1]
altura14,7 m[1]
diámetro1,17 m[1]
masa baleiro2282 kg[1]
masa cheo19.327 kg[1]
impulsado por1[1]
potencia máxima628,310 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico273 s (a nivel do mar), 278 s (no baleiro)[1]
propelentePropelente sólido[1]
Primeira etapa – RS27A[1]
altura20,0 m[1]
diámetro2,44 m[1]
masa baleiro6822 kg[1]
masa cheo104.377 kg[1]
impulsado por1 RS-27A[1]
potencia máxima1085,790 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico254 s (a nivel do mar), 302 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda etapa – RL-10-B2[1]
altura8,80 m[1]
diámetro2,44 m[1]
masa baleiro2476 kg[1]
masa cheo19.300 kg[1]
impulsado por1 RL-10-B2[1]
potencia máxima110,030 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico462 s (no baleiro)[1]
propelenteHidróxeno líquido e oxíxeno líquido[1]
editar datos en Wikidata ]


O Delta III (Delta 8930 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3940 segundo a nova numeración) foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos en servizo ao final da década de 1990 e principios dos 2000.[1][2]

Características

O Delta III debía inaugurar a nova serie 8000 (3000 coa nova numeración) de foguetes Delta. Usaba os maiores aceleradores de propelente sólido usados pola familia Delta (que tamén acabaron usando os Delta II 7920H e Delta II 7925H), os GEM 46 e a etapa superior era crioxénica, alimentada por hidróxeno e oxíxeno líquidos, obtendo maior rendemento. Os dous primeiros intentos de lanzamento fracasaron, mentres que o terceiro foi un éxito. Os problemas de lanzamento, combinado cunha caída do mercado de satélites, deixou ó Delta III sen clientes: a NASA inclinouse por seguir os fiables Delta II, e a USAF decidiuse polo novo Delta IV para cubrir as súas necesidades. O Delta III foi finalmente cancelado.[1][2]

Historial de lanzamentos

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
D-259 27 de agosto de 1998 Rampla LC-17B de Cabo Cañaveral Galaxy 10 Fallo Primeiro voo dun Delta III. Debido a un problema de guiado, os foguetes aceleradores de propelente sólido usaron todo o seu fluído hidráulico ós 71 segundos de voo en movementos oscilatorios innecesarios. O control de terra enviou o comando de autodestrucción ó foguete aos 75 segundos de voo, co foguete a 16 km de altura.
D-269 5 de maio de 1999 Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral Orion 3 Fallo Un problema coa segunda etapa impediu a inserción do satélite nunha órbita utilizable.
D-280 23 de agosto de 2000 Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral DM-F3 Éxito Último voo dun Delta III.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 Mark Wade (2011). "Delta 8930" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-8930 (Delta-3940)" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!