Death to 2020 é un falso documental británico de 2020 dos creadores de Black Mirror, Charlie Brooker e Annabel Jones.[1][2] Foi creado como unha produción orixinal de Netflix baixo a compañía Broke and Bones. O filme recolle os testemuños de personaxes ficticios que relatan os eventos ocorridos nos Estados Unidos e no Reino Unido durante o ano 2020, incluíndo a pandemia de COVID-19 e as eleccións presidenciais estadounidenses. Estreouse en Netflix o 27 de decembro de 2020. O falso documental recibiu valoracións polo xeral negativas,[3] con críticas ao seu humor, considerado obvio. Porén, algunhas interpretacións foron eloxiadas.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas