Dead Oceans é un selo discográfico independente estadounidense formado en 2007 e baseado en Bloomington, Indiana.
Historia
En 2007, Phil Waldorf fundou Dead Oceans con Chris Swanson.[1] Swanson suxeriu o nome Dead Oceans, que proviña da letra da canción de Bob Dylan "A Hard Rain's a-Gonna Fall" (1963).[2][3] O irmán de Chris,Ben Swanson, Darius Van Arman, e Jonathan Cargill de Secretly Canadian e Jagjaguwar tamén axudaron a fundar o selo.[4][5] A discográfica é parte da familia de etiquetas independentes Secretly Group.[6]
Algúns dos primeiros lanzamentos do selo son Pride de Phosphorescent, Rise Above de Dirty Projectors, e Set ‘Em Wild, Set ‘Em Free de Akron/Family, que van dende o folk ata o art punk. Dead Oceans publicou traballos de Julianna Barwick, Mitski, Phoebe Bridgers, Japanese Breakfast, Ryley Walker, The Tallest Man on Earth, Kevin Morby, Marlon Williams, Shame, e moitos outros.[7]
En 2017 Dead Oceans publicou o primeiro álbum da banda de shoegaze Slowdive en 22 anos.[8]
No ano 2018 Dead Oceans foi listado no número 7 da lista das 10 mellores discográficas de 2018 da revista Paste. Jagjaguwar foi número 4 e Secretly Canadian apareceu no posto 8.[9]
Artistas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas