David Suárez Varela, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1992, é un humorista galego.
Fíxose coñecido principalmente por protagonizar e crear en 2013 a serie web Vincent Finch: Diario de un ego, así como polas súas colaboracións nos programa Late Motiv de Andreu Buenafuente e Yu: No te pierdas nada de Dani Mateo. No seu estilo de comedia destaca o humor negro, polo que se viu envolto en varias polémicas.
Traxectoria
Estudou comunicación audiovisual na URJC de Madrid e deuse a coñecer en 2013 coa webserie Vincent Finch: Diario de un ego.[1] En 2015 foi guionista da webserie Famosos y una vieja.[2] En 2018 colaborou en tres emisións do programa de televisión Late Motiv, presentado por Andreu Buenafuente.[3] Máis tarde uniuse ao programa de radio Yu: No te pierdas nada.[4] En 2018 publicou o cómic Agonía infinita, unha recompilación de viñetas de humor negro, publicadas anteriormente no seu Facebook e Instagram.[5]
En abril de 2019 foi despedido de Yu: No te pierdas nada, como consecuencia da polémica xerada tras a publicación na súa conta de Twitter dun chiste sobre as persoas con síndrome de Down.[6] Dito chiste custoulle unha denuncia ante os tribunais e unha petición da Fiscalía de case dous anos de cárcere.[7]
En 2020 interpretou un enfermeiro na serie de Atresmedia Veneno.
Obras
Notas