David Rodríguez Vidal, nado en Ferrol en 1966, é un exaxente galego do Centro Nacional de Intelixencia, onde traballou entre 2000 e 2013.[1][2]
Traxectoria
Colaborou con distintos corpos e forzas de seguridade do Estado. Foi un dos fundadores da primeira academia privada de intelixencia en España, chamada Globalchase, para posteriormente dirixir unha consultora de intelixencia de igual nome.[3][4][5]
Empregou os alcumes de "John Osaro" ou "Agente Juan", os cales xa eran citados nas obras do xornalista Antonio Salas, do que logo se descubriu que David fora o seu mentor tras a publicación do seu libro Diario de un Espía.[6][7][8][9][10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas