David Prieto Gálvez, nado en Sevilla o 2 de xaneiro de 1983, é un futbolista profesional español que actualmente xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo.
Traxectoria
Comezo no Sevilla
David Prieto formouse na canteira do Sevilla Fútbol Club, conseguindo chegar até o filial, o Sevilla Atlético, na tempada 2002-03. Con todo, o primeiro ano foi cedido ao Jerez CF estremeño. Xa no filial sevillista na seguinte tempada afianzouse no eixo central da defensa, chegando a xogar 35 partidos que serviron ao equipo para meterse na promoción de ascenso á Segunda División como terceiro clasificado. Porén, na posterior fase de ascenso o club non consegue subir a categoría de prata. Na seguinte campaña o equipo acaba a liga na primeira posición do Grupo 4, aínda que de novo volve a fallar na súa tentativa de ascenso nas eleiminatorias. Así a todo a decepción de David tras non obter o ascenso viuse acougada ao conseguir debutar co primeiro equipo na Primeira División.
Na súa terceira tempada seguiu xogando co Sevilla Atlético, onde por terceira vez consecutiva clasificase para xogar a promoción de ascenso a Segunda. Esta vez o equipo terminou a liga na terceira posición, repetenido de novo a historia dos anos anteriores nas que non conseguiron o ascenso. Doutra banda, David Prieto seguía a xogar co primeiro equipo. Debido aos seus partidos na Primeira División co primeiro equipo e os fallos nas tentativas de ascenso á Segunda Divisón, para non frear a traxectoria do xogador e obter experiencia o club toma a decisión de procurarlle unha saída en calidade de cedido na Segunda categoría.
Segunda División
Finalmente o xogador recala para a tempada 2006-07 no Xerez Club Deportivo da Segunda División. Ese ano é unha das revelacións da Liga, demostrando un gran nivel nun Xerez no que disputa 38 partidos da competición. A pesar da gran tempada realizada, David Prieto segue sen ter un sitio no Sevilla FC. Porén, o ascenso a Segunda do Sevilla Atlético fai que o central regrese á casa sevillista para xogar no filial na tempada 2007-08. Tras a volta desde o equipo de Jerez de los Caballeros ao Sevilla Atlético, o filial sevillista convértese contra todo prognóstico no equipo revelación dos recentemente ascendidos. Tras pasar unha campaña tranquila nos postos medios-altos da táboa, acaba na novena posición, xogando David un total de 26 partidos. A súa continuidade no filial viuse interrompida polas convocatorias co primeiro equipo onde Juande Ramos vía nel unha promesa para o Sevilla FC con moito que achegar. En total Prieto xogou nove partidos, dos cales oito fíxoo como titular disputando todos os minutos.
Na tempada 2008-09, Prieto pasa ser definitivamente parte do cadro de xogadores do primeiro equipo do Sevilla Fútbol Club, sendo o encargado de levar o dorsal número 16 que se deixou vacante o falecemento de Antonio Puerta. No seu primeiro ano como xogador exclusivo de Primeira División consegue xogar 13 partidos de Liga, todos como titular. No verán de 2009, Manolo Jiménez notifica a David Prieto que non conta con el para a próxima campaña de Liga, xa que era o último central co que contaría no cadro de xogadores, recomendándolle así que se buscase equipo.
Regreso a Segunda Divisón
Tras as palabras do técnico sevillista e a procura do Xerez por atopar centrais, o Sevilla e o Xerez acaban chegando a un acordo para a incorporación como cedido no seu debut en Primeira División (tempada 2009-10). Unha das claves da fichaxe foi a gran relación que manteñen o Sevilla e o Xerez, así como o ano que David xa pasara alí na tempada 2006-07.[1] Tras xogar 21 partidos en Primeira, 20 deles como titular, ao ano seguinte é cedido de novo, esta vez na Segunda División, para formar parte do ambicioso proxecto para retomar a categoría do recentemente descendido Club Deportivo Tenerife.[2] Tras un ano no club canario, ficha polo Córdoba Club de Fútbol, onde permanece outra tempada. En xullo de 2012 anúnciase a súa incorporación, por terceira vez en seis anos, ao Xerez Club Deportivo, onde permanecería até o final de tempada. Tras os problemas extradeportivos do Xerez, Prieto comeza a tempada 2013-14 sen equipo, até que o 4 de febreiro de 2014 anúnciase a súa incorporación ao Club Deportivo Lugo de novo na Segunda División. No club galego xoga tan só 4 partidos no que resta de campaña, polo que o club lucense non lle ofrece renovar. Tras estar o verán sen equipo, asina polo Real Murcia para xogar Segunda División B.
Clubs
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas