David Bruzos Higuero, nado en Ourense o 9 de xuño de 1979, é un químico e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2002) e Posgraduado en Física Aplicada pola Universidade de Vigo (2010). É profesor de Física e Química no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño.[1] Membro fundador de Saramaganta e vencellado ao colectivo Fuga en Rede, colaborou como voluntario internacional en Cisxordania.[2] Participou no proceso constituínte de Ourense en Común e foi elixido para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015 como cabeza de lista pola Provincia de Ourense.[3] Foi elixido deputado, sendo a primeira vez desde Senén Bernárdez que un deputado ourensán pertence a un partido distinto do PPdG ou o PSdeG.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos