David Bravo Bueno, nado o 20 de febreiro de 1978 en Sevilla, é un avogado andaluz especializado en dereito informático e especialmente en propiedade intelectual. Coñecido pola súa participación en debates ou faladoiros para defender o dereito a compartir cultura e coñecemento, divulgando en que consiste o dereito á copia privada ou o termo copyleft, grazas a Internet e as redes de pares (P2P) entre outras ferramentas.
En marzo de 2005 publica unha misiva[1] dirixida ao presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, en relación á Lei sobre propiedade intelectual, a favor de compartir o coñecemento e de non restrinxir aínda máis, na súa opinión, os dereitos de autor.
En xuño do mesmo ano presentou Copia este libro,[2] publicado baixo Creative Commons que, como el mesmo escribiu, trata de...
...as redes P2P, os medios de comunicación e a súa creación dunha moral artificial, o canon e a cultura do medo.[3]
Tamén actuou como avogado colaborando coas protestas de maio de 2011 en España.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas