David Astals Barrera, nado en Bienvenida o 13 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Sabadell, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
Nacido na localidade estremeña de Bienvenida, aos dous meses trasladouse coa súa familia ao barrio de Poblenou, en Sabadell.[1] Membro dunha familia vencellada ao ciclismo, decantouse polo fútbol, ao que comezou a xogar no Polinyà, antes de ingresar na canteira do Sabadell.[2] Na tempada 2019/20 debutou co Sabadell B na Segunda Catalá, e menos dun ano despois fixo a súa estrea co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo ao galego Héber Pena nos minutos finais dun partido ante o Rayo Vallecano.[3] Converteuse deste xeito no primeiro futbolista nacido no século XXI en vestir a camiseta do Sabadell.[4]
Notas