Danyil Zelinskyi (en ucraíno: Даниїл Зелінський), nado como Volodymyr Olehovych Zelinskyi (en ucraíno: Володимир Олегович Зелінський) o 28 de setembro de 1972 en Buchach (R.S.S. de Ucraína), é un eclesiástico ortodoxo ucraíno, dende 2008 bispo de Panfilia e dos Estados Unidos occidentais.
Traxectoria
Comezou os seus estudos no seminario de Ivano-Frankivsk e en 1996 emigrou aos Estados Unidos de América, completando os seus estudos na Universidade Católica de América e na Pontificia Facultade da Inmaculada Concepción en Washington, D.C.
No ano 2000 entrou na Igrexa ortodoxa ucraína nos Estados Unidos de América e completou os seus estudos no seminario ortodoxo ucraíno de Santa Sofía, en Nova Jersey. En 2001 foi ordenado sacerdote, e en 2002 cursou un mestrado en Teoloxía ortodoxa aplicada na Universidade de Balamand. O 9 de xaneiro de 2008 foi elixido bispo de Panfilia e dos Estados Unidos occidentais. Recibiu a consagración episcopal o 10 de maio do mesmo ano.
O 7 de setembro de 2018, no contexto da preparación da concesión de autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína, foi nomeado como exarca do patriarca Bartolomeu I en Kíiv.[1][2][3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas