Os satélites tiñan forma cilíndrica, tiñan unha masa de entre 500 e 600 kg, estabilizábanse mediante xiro e alimentábanse mediante células solares que recubrían o lateral do satélite, producindo ata 535 W de potencia que se almacenaban en tres baterías de níquel-cadmio cunha capacidade total de 36 Ah. O sistema de propulsión usaba hidracina a carga útil dos satélites consistía en dous transpondedores en banda X de 20 W de potencia cada un e 500 MHz de ancho de banda. As antenas eran direccionais e móbiles para transmitir a zonas concretas. Cada satélite tiña capacidade para trasmitir 1300 canais de voz ou 100 Mbps de datos.[1][2][3]
Lanzáronse un total de 16 satélites DSCS II entre 1971 e 1983, todos mediante foguetes Titan 23C excepto os dous últimos, que o fixeron a bordo de Titan 34D. Catro deles non chegaron a órbita por problemas co foguete lanzador. O último satélite DSCS II en uso foi desactivado en 2008.[1][2][3]
Notas
↑ 1,01,11,21,3Mark Wade (2020). "DSCS II"(en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2020.
↑ 2,02,12,22,3Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSCS-2"(en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2020.