Cymdeithas yr Iaith Gymraeg

Cymdeithas yr Iaith, 1972

Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa) é un movemento asociativo para a defensa dos dereitos lingüísticos dos falantes de galés. Fundada en 1962, baséase na acción directa pacífica. No decurso das súas campañas arredor de 1.000 persoas compareceron diantes os tribunais por participaren nas súas campañas, e moitos foron condenados a prisión. Froito desas campañas conseguíronse a promulgación de leis da lingua galesa, sinalización bilingüe e o establecemento da S4C, a televisión en lingua galesa.
Cymdeithas é un movemento enteiramente dependente dos seus afiliados e simpatizantes para a realización das súas campañas. Ten tan só dous empregados para atender as súas oficinas centrais en Aberystwyth.
As campañas de Cymdeithas yr Iaith Gymraeg abranguen numerosos campos: educación, medios de comunicación, cultura, autoridades locais. Na actualidade levan unha campaña para conseguir unha nova Lei da Lingua Galesa que cubra sectores ignorados na actual, que data de 1993, como as telecomunicacións ou o sector privado.

Ligazóns externas

Web oficial de Cymdeithas Yr Iaith (en galés e inglés)

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!