A cultura de Tumaco-La Tolita foi unha cultura arqueolóxicaprecolombiana que se difundiu pola rexión costeira de Colombia e Ecuador. Dous dos xacementos máis notables desta cultura amerindia son Tumaco e La Tolita, dos que toma o seu nome. A evidencia arqueolóxica dispoñible desta cultura é antiga no caso do sitio de La Tolita, cuxos materiais foron datados arredor do ano 600 a.C., mentres que en Tumaco as datas máis antigas corresponden a 300 a.C.
Relixión
A súa relixión era politeísta, así mesmo tamén se rexían polo xamanismo. Practicaban unha relixión dirixida polos señores ou gobernantes, cuxo culto era o das deidades nadas do mundo real circundante como o xaguar, a serpe, a aguia, a harpía e o caimán. A actividade sacerdotal era moi intensa, con participación do xamanismo, consumo de plantas estimulantes e utilización de elementos de diversa procedencia ecolóxica.
Bouchard, Jean Francois & Usselmann, Pierre. Trois millénaires de civilisation entre Colombie et Equateur : La région de Tumaco La Tolita. París, CNRS Editions, 2003.
Coe, Snow e Benson. América Antigua. Civilizaciones precolombinas. Barcelona, Círculo de Lectores, 1989.
Gutiérrez Usillos, Andrés (2002). Dioses, símbolos y alimentación en los Andes. Quito: Abya Yala.