Cruceiro de Bustelo do Monte |
---|
Cruceiro de Bustelo do Monte |
Presentación |
---|
Localización | Dodro |
---|
Dirección | Bustelo (San Xoán de Laíño) |
---|
Tipo | Cruceiro |
---|
Construción |
---|
Data da construción | 1893 |
---|
O cruceiro de Bustelo do Monte é un cruceiro situado no lugar de Bustelo (San Xoán de Laíño, Dodro). Tanto o peto da esmola coma o cruceiro datan do ano 1893.
Historia
Sete homes emigraron a Cuba, cando a illa aínda era española, e antes de marcharen prometeron construír un cruceiro na súa aldea se todo lles ía ben. En 1893 mandaron os cartos, e o cruceiro e o peto construíronse no lugar en que se soterraban antes os nenos e nenas sen bautismo.
O peto da esmola non ten ningunha lenda, e a carón do cruceiro aparecen os nomes dos sete homes que o pagaron.
Véxase tamén
Bibliografía
- Silvia Figueira: Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro.