Crip Camp: A Disability Revolution é un filme documental estadounidense de 2020 dirixido, escrito e coproducido por Nicole Newnham e James LeBrecht. Barack e Michelle Obama foron os produtores executivos baixo o seu selo Higher Ground Productions.[1] Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 23 de xaneiro de 2020, onde gañou o Premio da Audiencia. Estreouse en liña a través de Netflix o 25 de marzo de 2020 e recibiu a aclamación da crítica.[2]
Sinopse
A comezos da década dos 70, os adolescentes con discapacidades tiñan un futuro marcado polo illamento, discriminación e institucionalización.[3] O campamento de verán chamado Jened, que se atopaba en Hunter, Nova York ofrecía un lugar seguro para que todos os adolescentes con diferente tipos de discapacidades se divertisen e socializasen. Foi alí onde un grupo de persoas con discapacidades se decataron de que tiñan que loitar polos seus dereitos. Deste xeito, decidiron unirse máis aló de cuestións recreativas e converterse en activistas.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas