Crailsheim Merlins
|
Información xeral
|
Liga
|
BBL
|
Fundación
|
1986
|
Cores
|
Azul, prata
|
Presidente
|
Martin Romig
|
Adestrador
|
Sebastian Gleim
|
Patrocinador
|
Hakro
|
Localización
|
Cidade
|
Crailsheim, Alemaña
|
Pavillón
|
Arena Hohenlohe
|
Capacidade
|
3 000
|
Inauguración
|
12 de marzo de 2005
|
hakro-merlins.com
|
O Crailsheim Merlins, coñecido por motivos de patrocinio como HAKRO Merlins Crailsheim, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Crailsheim, Baden-Württemberg. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 1986, desde 2005 xoga os seus partidos como local no Arena Hohenlohe, pavillón con capacidade para 3.000 espectadores.
Historia
O Crailsheim Merlins foi fundado o 31 de xaneiro de 1986. Na temporada 2013–14 os Merlins ascenderon á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, despois de chegar ás finais da ProA.[1] Esa temporada, o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e nos playoffs foi quen de eliminar ao Oettinger Rockets Gotha (3−1) e ao rent4office Nürnberg. Na final polo título da segunda división, xa co ascenso conseguido, os Merlins perderon ante o BG Göttingen por un marcador global de 174 a 162. Xa na primeira división, o equipo consegue salvar a categoría debido ao descenso administrativo dos Artland Dragons. Con todo, na temporada 2015–16, o equipo non consegue repetir e regresa á ProA. No primeiro ano após o descenso o equipo consegue acabar na segunda posición en Liga regular, mais perden en primeira rolda ante o Oettinger Rockets Gotha. Na temporada 2017−18 o equipo volve a finalizar segundo e, despois de eliminar nos playoffs ao White Wings Hanau e ao Gladiators Trier, o equipo consegue regresar á máxima categoría.
Patrocinadores
Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Crailsheim Merlins (1986−2007)
- Proveo Merlins Crailsheim (2007−2009)
- Crailsheim Merlins (2009−presente)
Temporadas
Ano
|
Nivel
|
Liga
|
Pos.
|
Playoffs
|
Copa
|
2009–10
|
2
|
ProA
|
6
|
–
|
|
2010–11
|
2
|
ProA
|
6
|
–
|
|
2011–12
|
2
|
ProA
|
4
|
Semi-finalist
|
|
2012–13
|
2
|
ProA
|
11
|
–
|
|
2013–14
|
2
|
ProA
|
2
|
Subcampións
|
|
2014–15
|
1
|
BBL
|
18
|
Descenso
|
|
2015–16
|
1
|
BBL
|
18
|
Descenso
|
|
2016–17
|
2
|
ProA
|
2
|
Cuartos de final
|
|
2017–18
|
2
|
ProA
|
2
|
Subcampións
|
|
2018–19
|
1
|
BBL
|
16
|
|
|
2019–20
|
1
|
BBL
|
10
|
|
Oitavos de final
|
2020–21
|
1
|
BBL
|
5
|
Cuartos de final
|
Fase de grupos
|
Xogadores
Destacados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas