Cotton Comes to Harlem ("O algodón chega a Harlem") é unha novela negra escrita por Chester Himes, publicada por vez primeira en 1965. É o sexto volume da saga con Grave Digger Jones e Coffin Ed Johnson como protagonistas.
En 1970 foi levada ó cine co título homónimo de Cotton Comes to Harlem, dirixida por Ossie Davis e coa actuación de Godfrey Cambridge, Raymond St. Jacques e Redd Foxx.
Trama
Un pastor evanxélico do Harlem promove entre a xente de raza negra o regreso a África, para o cal recada 1.000 $ por familia. Logo de recibir 87.000 dólares, a organización promotora sofre un roubo durante un encontro popular. Os detectives Grave Digger Jones e Coffin Ed Johnson saben que o reverendo é un ex presidiario e que está a estafar as familias, ás que intentan devolver os cartos.