O Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) é un corpus lingüístico paralelo de traducións elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Características
O Corpus CLUVI é unha colección aberta de corpus feita polo SLI da Universidade de Vigo. En 2018 contaba con 49 millóns de palabras, os textos en galego case 12 millóns de palabras e o Corpus LEGA uns 6 millóns de palabras. [1].
Os recursos do CLUVI están integrados no RILG, Recursos Integrados da Lingua Galega.
Tipos de tradución
Tradución da Biblia, tradución xurídica, tradución de textos informativos, tradución literaria, tradución de subtitulado, localización de software, tradución socioeconómica, tradución turística .
Combinacións lingüísticas
Galego - Plurilingüe, Inglés - Galego, Francés - Galego, Galego - Español, Galego - Chinés, Alemán - Galego, Portugués - Galego, Portugués - Inglés, Inglés - Español, Portugués - Español, Éuscaro - Español.
Linguas de tradución
Galego, Español, Inglés, Portugués, Éuscaro, Catalán, Francés, Tradución da Biblia The UNESCO Courier Tradución literaria: FR-GL, Chinés, Alemán, Latín, Italiano.
Corpus partalelos de tradución
- Corpus CLUVI (latín-galego-portugués-portugués-catalán-francés-italiano-español-inglés-alemán-éuscaro-chinés, textos da Biblia)
- Corpus CLUVI (galego-español, textos xurídicos)
- Corpus CLUVI (inglés-galego-francés-español, textos do Correo da Unesco)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, programas informáticos)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (francés-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (alemán-galego, textos literarios)
- Corpus CLUVI (galego-español, textos literarios)
- Corpus CLUVI (español-galego-catalán-euskara, textos da revista Consumer)
- Corpus CLUVI (español-galego, textos de turismo)
- Corpus CLUVI (galego-chinés, subtitulado filmes)
- Corpus CLUVI (inglés-galego, subtitulado filmes)
- Corpus CLUVI multimedia (inglés-galego, subtitulado filmes)
Dicionarios
- inglés-galego
- francés-galego
- español-galego
Comezos
O CLUVI, a outubro de 2006, era duns 22 millóns de palabras. A composición do CLUVI era a seguinte:
- Corpus xurídico LEGA galego-español (5 877 769 palabras)
- Corpus UNESCO inglés-galego-francés-español de divulgación científica (3 724 620 palabras)
- Corpus LOGALIZA de localización de software inglés-galego (1 701 834 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-galego (1 476 020 palabras)
- Corpus literario FEGA francés-galego (1 267 119 palabras)
- Corpus CONSUMER español-galego-catalán-euskara de información sobre consumo (5 586 431 palabras)
- Corpus xurídico LEGE-BI euskara-castelán (2 384 053 palabras)
Outras seccións do CLUVI, aínda en fase de desenvolvemento, eran:
- Corpus EGAL de economía galego-castelán (718.642 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-portugués (735.529 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-castelán (122.251 palabras)
- Corpus literario DEGA alemán-galego (76.364 palabras)
- Corpus VEIGA de subtitulación de películas inglés-galego (78.032 palabras)
- Corpus PALOP de literatura poscolonial portugués-castelán (566.590 palabras)
Notas
- ↑ "CLUVI". sli.uvigo.gal. Arquivado dende o orixinal o 29/12/2020. Consultado o 16/12/2018.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas