Control biolóxico

Vespa parasita (Cotesia congregata) en verme do tabaco (Manduca sexta).

O control biolóxico é un método de control de pragas, enfermidades e doenzas que consiste en utilizar organismos vivos con obxecto de controlar as poboacións doutro organismo.

Características

Hai que ter en conta que o seu uso tivo significados diferentes ao longo do tempo; así, os fitopatólogos tenderon a usar o termo para denotar métodos de control que inclúen rotación de cultivos, alteracións do pH do chan, uso de emendas orgánicas etc[1]; outros investigadores diferencian un control biolóxico clásico do control biolóxico moderno onde se inclúen as técnicas de control por interferencia. Con todo, a definición máis aceptada na actualidade é a que utilizaron tradicionalmente os entomólogos: É un método agrícola de control de pragas (insectos, ácaros, malezas, enfermidades das plantas etc.) que usa depredadores, parasitos, herbívoros ou outros medios naturais. Pode ser un compoñente importante do control integrado de pragas e é de grande importancia económica para a agricultura.

Notas

  1. Baker, 1985; Schrot & Hancock, 1985

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!