Conta comigo (en inglés: Stand by Me) é un filme estadounidense de 1986 dirixida por Rob Reiner. Está protagonizado por Wil Wheaton, River Phoenix, Corey Feldman e Jerry O'Connell. O argumento baséase na novela de Stephen King The Body (1982), mais o título deriva da canción de Ben E. King "Stand by Me", que aparece nos créditos finais. Conta a historia de catro rapaces dunha vila de Oregón que marchan de acampada co obxectivo de atopar o corpo dun mozo desaparecido.
Foi emitido na TVG o 25 de maio de 2008.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas