Constantino Méndez Martínez, nado en Pontecesures o 25 de outubro de 1950 e finado o 13 de agosto de 2023,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1972. Funcionario da Seguridade Social desde 1974, está en excedencia desde 1996. Foi Director Xeral do Instituto Social da Mariña (1983-1987) e do Instituto Nacional da Seguridade Social (1987-1993). Foi elixido deputado do Congreso polo PSOE pola provincia de Pontevedra na V lexislatura (1993-1996). En 1994 foi nomeado Secretario de Estado para as Administracións Públicas e en 2004 Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid. Foi Presidente da Sociedade Estatal de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios. En abril de 2008 foi nomeado Secretario de Estado de Defensa, cargo que ocupou ata 2011.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas